BIOGRAFÍA
Helena Salgueiro, nada no 1995/ performer, directora escénica, poeta, dramaturga e investigadora/ vive na Galiza.
A súa paixón pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e lingüística, teoría e crítica literarias, danza, dramaturxia, música, violín e teatro físico en universidades, conservatorios, escolas de danza e cursos de compañías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia, como o Instituto Grotowski, Odin Teatret, Peeping Tom, Batsheva Dance Company etc.
O seu traballo focalízase na performatividade do corpo a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, escritura e performance art. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí en espazos como o Dance Base (UK) ou o Festival Contradança (Portugal). Inicia a andadura da súa propia compañía no 2022, na que dirixe e actúa, estreando a coprodución co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro do Alentejo de Come & Go.
No traballo da escrita, Helena Salgueiro publicou dous poemarios e unha obra de teatro, ademais de traducir a Kieran Hurley ao galego, participar en publicacións académicas e antoloxías de poesía galega contemporánea. Imparte workshops e da conferencias en distintas universidades, festivais e museos (UDC, USC, UCLM, CGAC, Curtocircuíto etc.)
Obra performativa selec.
Espazos seleccionados
Come and Go
Chiaroscuro
As paisaxes de Camille
Étude 1 Op 1 Fragmentos sobre o silencio
Ourografías
S/T
Esculpir a pulsión que habitas
Ferro, Federici
Nortear
Pan
The other daughter of William Tell
(...)
Auditorio de Galicia, Salón Teatro, Dance Base (National Centre for Dance of Scotland), Summerhall Theatre, Karnan Castle (Suecia), Teatro Colón da Coruna, Teatro Principal de Ourense, Teatro Principal de Santiago de Compostela, Museo do Mar de Vigo, Fábrica de costuras de Covilhá, Teatro Noela de Noia, Teatro Principal da Estrada (...)
Colaboracións
Centro Dramático Galego____coprodución
Festival Internacional de Teatro do Alentejo___coprodución
Festival Contradança
FIOT Carballo
Dance Base
Winter Droving Festival
Anatomy Arts
Magdalena Project_International Festival Women in Theatre
FITO Ourense
Festival C
Festival UScénica
Asociación Ámbar
Verónica Moar(ceramista)
Charlas e conferencias
"Representaciones de la metamorfosis" Curtocircuíto Festival (2021)
con Antonio Ruz, Virginia Rota and Marta Ramos
"Pendentes de ouro negro" AELG
Conferencia sobre as mulleres galegas e o wolfram. Grupo de traballo coa artista Eva Lootz organizado polo CGAC, composto xunto con Faia Díaz e Patricia Coucheiro (2017)
Residencias
Festival Internacional de Teatro do Alentejo (2022)
Encuentros Magalia, Red de Teatros Alternativos (2021)
A Casa Vella (2021)
Residencias Paraíso, Colectivo RPM (2021)
Residencias Cruzadas, Centro Dramático Galego (2021)
Eden Arts, UK (2018)
Obra publicada
Todas as illas son unha illa, Edicións Positivas (2021)
As Flores, Concello de Padrón/Fundación Rosalía de Castro (2016)
Intermitencia da cidade, Edicións Fervenza (2012)
Premios
Premio Xuventude Crea de Artes Escénicas, Xunta de Galicia (2016)
Premio Rosalía de Castro de Poesía, Concello de Padrón/Fundación Rosalía de Castro, (2016)
Premio Avelina Valladares de Poesía, Concello da Estrada (2012)
Workshops e laboratorios
Corpo-arquivo, NORMAL Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruna (2022)
Movemento na interpretación, Universidade de Santiago de Compostela (2021/22)
Iniciación ao teatro, Universidade de Santiago de Compostela (2021/22)
Observatorio do corpo a través da linguaxe poética e performativa, Festival Uscénica (2021)
Metapheró, NORMAL Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruna (2020/21)