• Instagram
  • Vimeo

FERRO, FEDERICI

Performance, 2020

Festival Uscénica (Santiago de Compostela), Festival FIOT (Carballo), Casa do Saber (Lugo), Festival contraDANÇA (Covilhã)

FICHA ARTÍSTICA

 

Muller, texto: Helena Salgueiro

Voz Estado: Estevo Creus

Música: Atzi Muramatsu

Fotografía: Alberte Peiteavel

Duración: 35 minutos

 

Espectáculo accesible en lingua de signos

SOBRE A OBRA

 

O corpo da muller: a máquina de traballo do Capitalismo. O creador da forza de traballo por excelencia. O labor reprodutivo e de coidados non remunerado das mulleres é expropiado polo Estado dende hai centurias. Pero o corpo que tenta descolonizarse tense sinalado sempre coma corpo de bruxa. Baseado nas ideas da feminista e marxista Silvia Federici, en particular no texto "Calibán e a bruxa", este é un poema escénico no que a arte de acción, a poesía e a danza flutúan de xeito visceral, vermello, político, estraño. Un canto contemporáneo ás bruxas, á reapropiación do sangue, do lume.