museo-viveiro
Vídeo-performance. NORMAL Espazo de Intervención Cultural da Corunha. Un lugar común, DIDAC. Festival de Pezas dun Teatro do Porvir. 2020
Concepto: Helena Salgueiro
Vídeo: Marcos Montiel Reinoso
"*
Un museo é [un lugar] un non-lugar, onde obxectos se dispoñan para a vista, para a experiencia estética. Sexa ou non esta pracenteira. Dar lugar ao aconcemento. O acontecer do obxecto. Aquel home dixera por exemplo que o corpo era un obxecto máis. Eu tamén o dixen. Pero eu tamén sinto por dentro. Unha pedra tamén ten a pulsión de milenios, O Corpo, a Cousa. A área tamén pode respirar. Os deus tamén sofren cando finxen a nosa morte. Cando vivimos as súas eternidades tamén choran. Os días e as súas eternidades, tentando pegarnos nos dedos -na marca epidérmica- un número de estrelas. Cando debuxamos unha historia por cada constelación. A min tamén me faría estourar a testa, sentada no meu trono virado cara abaixo, a presión de toda a sangue do meu corpo.
*
Un museo debería ser un teatro pero un teatro non debería ser un museo. Ler de novo.
(...)"