FERRO, FEDERICI
Actuación, 2020
Festival Uscénica (Santiago de Compostela), Festival FIOT (Carballo), Casa do Saber (Lugo), Festival contraDANÇA (Covilhã)
FICHA ARTÍSTICA
Muller, texto: Helena Salgueiro
Voz Estado: Estevo Creus
Música: Atzi Muramatsu
Fotografía: Alberte Peiteavel
Duración: 35 minutos
Espectáculo accesible en lingua de signos
SOBRE A OBRA
O corpo da muller: a máquina de traballo do Capitalismo. O creador da forza de traballo por excelencia. O labor reproductivo e de coidados non remunerado das mulleres é expropiado polo Estado dende hai centurias. Pero o corpo que tenta descolonizarse tense sinalado sempre coma corpo de bruxa. Baseado nas ideas da feminista e marxista Silvia Federici, en particular no texto "Calibán ea bruxa", este é un poema escénico no que a arte de acción, a poesía ea danza flutúan de xeito visceral, vermello, político, estraño. Un canto contemporáneo ás bruxas, á reapropiación do sangue, do lume.